top of page

clasclás 2023  |  “Allegro, ma non troppo”

O Festival Internacional de Música clásica clasclás, que este ano acada a súa 6ª edición, se celebrará entre o luns 26 de xuño e o sábado 1 de xullo. O  Festival mantén as datas de celebración na derradeira semana de xuño, coma en anteriores edicións, consolidando así este evento na axenda institucional, musical, artística e do público.


O Guarneri Trío de Praga repite coma Dirección Artística polo éxito acadado en anteriores edicións, con concertos inesquecibles intepretados por esta lexendaria agrupación á que se unen, cada ano, diferentes ensembles e/ou artistas aos que convidan a acompañalos no clasclás e que cumpren  os requisitos de alta calidade artística e solvencia interpretativa contrastada que o Trío considera imprescindible para a súa participación no festival.


A Dirección Artística elixe cada ano un esixente e variado programa para que o público do festival disfrute cada vez máis. O noso público é o que fai posible que o festival acade a súa 6ª edición, xa que nos amosan constantemente o seu interese, compromiso  e gratitude  esgotando as entradas para os concertos.

O festival manterá no 2023 o seu deseño e estructura dividido en catro programas diferenciados:


- Programa Artístico, que dirixe o Guarneri Trio de Praga.

- Programa de Masterclasses, que realiza a Dirección Artística así coma outros artistas convidados.

- Programa Social e Comunitario, que disfrutan máis de 400 persoas de capacidades diferentes pertencentes a preto de vinte asociacións e organizacións de amplo espectro.

- Programa clasclás a pé de rúa  no que diferentes agrupacións do Conservatorio e da Escola Municipal de Música saen a rúa para facer do clasclás un evento no que disfruten, non soamente os asistentes aos concertos, senón to público en xeral con actuacións en diferentes prazas e espazos de interese cultural da nosa cidade.

O lema que acompaña á imaxe do festival nesta edición é Allegro, ma non troppo! tempo que en música teñen utilizado compositores desde Bach, Haydn, Mozart, Beethoven, Schubert, Schumann, Mendelssohn, Brahms, Rachmaninov, Shostakovich, etc... por nomear algúns. Compositores que poñen música á banda sonora do clasclás.

O programa final do Festival presentarase aos medios de comunicación a principios de maio de 2023, e no mesmo se coñecerá o Programa Artístico desta VI edición cos artistas que acompañarán ao Trío Guarneri de Praga, os lugares e horas de celebración dos concertos e o sistema de recollida de invitacións e entradas  para os concertos do Festival, así como a organización máis pormenorizada dos diferentes programas do Festival.

cartel_clasclas_23.jpg
bottom of page