MANUEL MORALES, flauta & RAÚL RODRÍGUEZ, piano
VENRES 28 JUNIO | 12:00 H. | Salón García
Unha perspectiva da música de onte ata hoxe en día a través de dous instrumentos actuais
unindo compositores de distintos períodos.
Se os instrumentos musicais son a consecuencia dunha progresiva transformación lóxica, a
frauta e o piano son o medio que conecta neste recital obras de tan diversos estilos.
Moitos compositores utilizan dunha ou outra maneira aspectos do pasado para inspirarse ou
realizar obras cunha clara tinguidura dos nosos antecesores.
Poderíase asegurar que Bach, en maior ou menor medida, forma parte de todos os
compositores posteriores a el. Pärt, gran compositor estoniano, toma como base o concepto
repetitivo do Preludio do Clave ben temperado para crear unha das obras máis simples e
belas do século xx. Peza dunha transparencia espiritual cristalina, enlaza directamente coa
mestría e rigor do gran pai dos músicos J. S. Bach.
Mozart coa súa desenfadada Sonata composta á temperá idade de oito anos, pode estar
claramente unida á Fantasie do compositor francés Fauré, conservando ambas as obras unha
frescura e lixeireza tipicamente francesa.
A Sonata Undine do compositor alemán Reinecke, usa como fondo un mundo de fantasía na
lenda popular tráxica da ninfa, como a Cantiga do galego González, que se inspira
directamente nas tráxicas lendas ancestrais de Galicia.
Teño a gran sorte de ofrecerlles esta viaxe ...onte-hoxe... cunha frauta travesera actual
construída expresamente para un dos flautistas máis carismáticos do século xx como era o
mestre Paul Meisen, unindo da man con ela pasado e presente, para gozar da música sen
complexos.
PROGRAMA
"... música, onte-hoxe..."
J. S. Bach (1685-1750) :: Preludio nº 1 BWV 846 (+-1722)
A. Pärt (1935) :: Spiegel im Spiegel (1935)
W. A. Mozart (1756-1791) :: Sonata KV13 en Fa M
I. Allegro
II. Andante
III. Menuetto I & II
G. Fauré (1845 - 1924) :: Fantaisie Op. 79 (1898)
J. González (1965) :: Cantiga (2011)
C. Reinecke (1824 - 1910) :: Sonata Undine Op. 167 (1882)
I. Allegro
II. Intermezzo
III. Andante tranquillo
IV. Finale: Agitato ed appassionato, quasi Presto
Manuel Morales, frauta
Raúl Rodríguez, piano