top of page

Spanish Brass ten participado nos festivais máis importantes do mundo, entre os que figura a gala dos premios Príncipe de Asturias en 1995.
No ano 1996 obtivo o Primeiro Premio do 6.º Concurso Internacional para Quintetos de Metais 'Ville de Narbonne'; en 2017, Premio Bankia ao Talento Musical na Comunitat Valenciana; en 2019, Premio Espai Ter de Música deTorroella de Montgrí e cinco Premios Carles Santos. En 2020 recibiu o Premio Nacional de Música.

MINIATURAS25_spanish brass.jpg

En 2024, o Helix Trio foi nomeado Ensemble Emerxente 2025 por FestClásica, o que lles permitirá participar en importantes festivais en España durante 2025. Ademais, foron galardoados co Premio BBVA de Música de Cámara Montserrat Alavedra 2024 en Cataluña e o Premio Filippo Nicosia 2024 en Italia, que inclúe concertos nese país. Tamén gañaron premios como o ORPHEUS Swiss Chamber Music Competition 2022 en
Suíza e o Concurso A Flama 2023 en Barcelona, destacándose como unha das formacións máis prometedoras da súa xeración. Formado en 2022 na Hochschule für Musik FHNW Basel, foron convidados a participar no Piano Trio Fest (Berna) e o Swiss Chamber Music Festival (Adelboden), debutando en 2023 no Palau da Música Catalá, ademais departicipar nas IMS Prussia Cove Masterclasses e a Academia Internacional de Música de Cámara de Vic.

MINIATURAS25_helix trio ok.jpg

A homoxeneidade, perfección técnica e sensibilidade emocional do Cuarteto Bennewitz sitúano como un dos mellores cuartetos de corda do momento. A súa reputación vén avalada polas súas vitorias en dous prestixiososconcursos internacionais, o Concurso de Osaka en 2005 e o Concurso Paolo Borciani en 2008. O conxunto tamén recibiu importantes premios da escena musical checa, o Premio da Sociedade Checa de Música de Cámara (2004) e o Premio Praga Clásica á Mellor Interpretación de Música de Cámara (2019). Actúa habitualmente nos principais auditorios da República Checa, e colabora con destacados intérpretes como Jean-Yves Thibaudet, Alexander Melnikov e Veronika Hagen.

MINIATURAS25_bennewitz quartet.jpg

Isabel Villanueva comezou a formación musical en Pamplona, a súa cidade natal, e posteriormente estudou en Londres, Siena e Xenebra cos mestres Igor Sulyga, Lawrence Power, Nobuko Imai e Yuri Bashmet. Na súa
destacada traxectoria fóronlle recoñecidos numerosos premios, entre os que destacan o Premio ;"El Ojo Crítico"; da Música Clásica de RNE 2015 e o Premio Cultura de Música Clásica 2019 que outorga a Comunidad de Madrid.

François Dumont aos catorce anos ingresa no Conservatorio Nacional Superior de Música de París na clase de Bruno Rigutto. Perfeccionouse na Academia Internacional do Lago de Como con William Grant Naboré, Leon Fleisher, Murray Perahia, Menahem Pressler, Dmitri Bashkirov, Fou Ts’ong e Andreas Staier. É gañador de premios nos concursos máis importantes do mundo: o Concurso Chopin de Varsovia, o Concurso Reina Elisabeth de Bruxelas, o Concurso Clara Haskil de Suíza e Concurso de Monte Carlo.

MINIATURAS25_isabel villanueva_dumont.jpg

Encomiado pola súa técnica, a súa paleta de cores e a súa excepcional capacidade de comunicación, Luis Fernando Pérez é considerado un dos músicos máis extraordinarios da súa xeración e ¨O renacemento do pianoespañol¨ (Le Monde). Foi eloxiado de forma unánime pola crítica mundial e posúe numerosos premios como o Franz Liszt (Italia), Enrique Selectos (Barcelona), así como a Medalla Albéniz pola súa interpretación da SuiteIberia do compositor catalán, sobre a cal a revista Gramophone escribiu ser un dos seus catro intérpretes míticos (Larrocha, Orozco, Sánchez e Pérez). 

MINIATURAS25_luis fernando perez.jpg

Al Ayre Español foi fundado no ano 1988 por Eduardo López Banzo co propósito de facer fronte aos tópicos que naquel entón rodeaban as interpretacións da música barroca española. O espírito do grupo sempre foi combater estes clichés con rigor, excelencia na interpretación e co propósito de insuflar nova vida ás músicas do pasado, para así ofrecelas ao público contemporáneo. Al Ayre Español converteuse non só nunha formación prestixiosa senón nunha filosofía de interpretación que Eduardo López Banzo foi construíndo cos seus músicos e que agora é recoñecible, solicitada e aclamada en todo o mundo, ademais de recoñecida co Premio Nacional deMúsica 2004 outorgado polo Goberno de España.

MINIATURAS25_Al Ayre.jpg

Miren Urbieta-Vega, soprano. O seu amplo repertorio de soprano lírica inclúe os roles principais de óperas de Mozart, Verdi, Wagner, Puccini, Gounod ou Bizet, ademais de zarzuela, música sinfónica e de cámara, interpretadas nos principais festivais, teatros e salas de concertos.

Fernando Briones, director. É director titular da Orquestra e Coro Gaos desde a súa creación en abril de 2009, coa que desenvolve unha intensa actividade, especialmente no repertorio lírico, dirixindo a importantes solistas como Sondra Rodvanosky, Ainhoa Arteta, Mirem Urbieta-Vega, Vanessa Goikoetxea, Rocío Pérez, Ruth Iniesta...

A Orquestra Gaos nace en 2009 e está formada por 80 músicos de toda Galicia, na súa maioría profesores e músicos dos conservatorios galegos, cos que desenvolve unha importante actividade concertística. Dende a súa creación, ofrece máis dun centenar de concertos e participan como solistas máis dunha cincuentena de músicos galegos cunha importante traxectoria artística.

Pablo Zapico é un recoñecido intérprete no campo da Música Antiga, especialista de tiorba, archilaúd e guitarra barroca. Xunto aos seus irmáns Aarón e Daniel é membro cofundador do prestixioso conxunto barroco Forma Antiqva, recoñecido pola crítica como un dos mellor valorados do panorama actual.

MINIATURAS25_pablo zapico.jpg

FLEXIBLE DÚO está integrado por Rafael Yebra (saxofóns) e Oswaldo Oro (guitarras), dous músicos galegos con unha ampla traxectoria artística e docente. Forman parte dunha ampla variedade de agrupacións que abarca diversas estéticas: música clásica, contemporánea, jazz, pop ou rock, entre outros. Presentaron proxectos en ciclos e festivais por todo o continente europeo, en cidades como Vigo, A Coruña, Madrid, Barcelona, Sevilla, Alicante, Berlín, Hamburgo, Tirana, París, Roma, etc.

MINIATURAS25_duo flexible.jpg

Fernando Raña Remata os seus estudos no RCSM de Madrid en 1988. É diplomado pola Guilhald School of Music and Drama de Londres. Estudiou con Magdalena Martínez e recibiu clases maxistrales de Kate Hill ou Alain Marion. Colaborou coa Orquestra Sinfónica de Galicia e os Virtuosos de Moscú. Dende o punto de vista camerístico foi integrante do dúo “Raña-González”, formación coa que obtivo un premio outorgado polo Ministerio de Cultura na  reedición da integral de Ángel Barja.

Alba Barreiro iniciose na arpa celta con Rodrigo Romaní e na arpa de pedais con Céline Landelle. Máis adiante formose en Musikene con Frédérique Cambreling, Christine Icart e Elisabeth Colard.

O seu perfil polivalente levouna a colaborar en concertos coma solista con a Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Gaos ou a OV430 y tamén en xiras e traballos discográficos con agrupacións coma a RFG, OSG, OV430 ou TAC ademais de proxectos con Carlos Núñez, Abraham Cupeiro ou a Orquestra Folk Sondeseu.

MINIATURAS25_fernado raña - alba barreiro.jpg
bottom of page