O Guarneri Trio de Praga, é un dos tríos de piano máis recoñecidos do mundo da música clásica cunha impecable traxectoria. Fundado por Ivan Klanský, Čeněk Pavlík e Marek Jerie, xa a principios da súa carreira atraxeron a atención da prensa internacional coas súas actuacións artisticamente espectaculares. Desde 1986, ano da súa formación, o Guarneri Trio mantén os mesmos intérpretes, testemuño da alta calidade humana dos músicos como persoas e da intensa amizade que os mantén unidos. En 2023 celebrarán 37 anos tocando xuntos.
Luns 26 de xuño / 21:00 h. / Auditorio Municipal
Á idade de só vinte e oito anos, o virtuoso do piano Marek Kozák ten acadado unha serie de resultados impresionantes nunha ampla gama de prestixiosos concursos. O último éxito recente, en 2021, é o título de laureado no altamente esixente Councours Geza Anda de Zúrich.
En 2015, Marek foi semifinalista no Concurso Internacional de Piano Fryderyk Chopin en Varsovia. Ao ano seguinte, obtivo outro novo galardón no Concurso Primavera de Praga, levándose o segundo premio e un premio especial pola súa interpretación da composición contemporánea "The Jongleur" de Adam Skoumal. En 2018, gañou o primeiro premio e o premio do público no Concurso Europeo de Piano de Bremen, e en 2019 foi finalista no concurso Busoni de Bolzano.
Martes 27 de xuño / 21:00 h. / Auditorio Municipal
Tras gañar en 2014 o 2º premio (primeiro deserto) e premio do público no 63º Concurso Internacional do ARD de Múnich, Azahar Ensemble comeza unha carreira internacional que os levou a actuar en salas tales como Musikverein de Viena, Philharmonie de Berlín, Prinzregententeather de Múnich, Philharmonaie Essen, Mozarteum Salzburg así como en festivais da talla do Mozartfest de Würzburg, Festival Internacional de Santander ou Festpielhaus Baden-Baden entre outros.
Mércores 28 de xuño / 21:00 h. / Auditorio Municipal
Toda visión musical pode ser potencialmente válida, pero cando os instrumentos utilizados e a súa maneira de interpretalos correspóndense coas vivencias do compositor na súa época, dalgunha maneira as pezas do quebracabezas encaixan creando unha sinerxia indiscutible. Partindo deste principio, o violonchelista bilbaíno Josetxu Obregón crea A Ritirata, unha formación dedicada á interpretación histórica coa intención de redescubrir repertorios do Barroco, Clasicismo e primeiro Romanticismo, desde a aparición do violoncelo ata que a liña entre a interpretación histórica e moderna do mesmo estréitase ao terminar o Romanticismo. A Ritirata toma o seu nome do último movemento do quinteto “A Musica Notturna delle strade dei Madrid” en honra ao violonchelista e compositor Luigi Boccherini.
Xoves 29 de xuño / 21:00 h. / Auditorio Municipal
Eloxiado por The New York Times polas súas «exquisitas e frescas interpretacións», o Cuarteto Quiroga consolidouse como un dos cuartetos máis dinámicos e singulares da súa xeración, aclamado internacionalmente por crítica e público pola súa personalidade única, así como polo seu enfoque audaz e orixinal ao abordar o repertorio para cuarteto de corda.
Gañadores do Premio Nacional de Música 2018, o Premio Ollo Crítico de RNE e galardoados nos principais concursos internacionais para cuarteto (Bordeus, Paolo Borciani, Xenebra, Pequín, Fnapec-París, Palau Barcelona), en 2013 o Cuarteto Quiroga converteuse no primeiro conxunto en residencia no Palacio Real de Madrid a cargo do cuarteto de Stradivarius decorados da colección palatina.
Venres 30 de xuño / 21:00 h. / Auditorio Municipal
Ganadores de concursos de violonchelo, solistas y artistas que mantienen el más alto nivel musical a lo largo de sus conciertos. Estos chicos se hicieron famosos en conciertos y en YouTube en todo el mundo. Dejan atrás salas con entradas agotadas, experiencias de conciertos originales y millones de visitas.
A pesar de la ruptura de la formación original del Cuarteto de Violonchelos de Praga, continúan con su visión artística de hacer música al más alto nivel, con arreglos elaborados originalmente y una adecuada dosis de humor.
Sábado 1 de xullo / 21:00 h. / Auditorio Municipal