top of page

FLEXIBLE DÚO | clasclás matinée

VENRES 27 XUÑO | 12:00 H. | Salón García

RAFAEL YEBRA

Rafael Yebra (1970) inicia os seus estudos musicais con Arsenio Alonso no seu pobo
Sobrado do Bispo en Ourense. É doutor pola Universität Politècnica de València e profesor
superior de saxofón polo Conservatorio Superior Música da Coruña co mestre Narciso Pillo.
Amplía a súa formación con saxofonistas como Andrés Gomis, Marie-Bernadette Charrier e
Jean-Marie Londeix. Paralelamente asiste a numerosos cursos de perfeccionamento
musical como o Seminario de Saxofón Contemporáneo da Escola de Altos Estudos do
IGAEM (Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais) en Santiago de Compostela e da
aula de Música da Universidade de Alcalá de Henares en Madrid, entre outras.


Como saxofonista forma parte do Ensemble Modulable de Saxofóns S@x 21, Klonos, Múlti-
plensemble, Sax Inflexion e colabora coa Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica
Vigo 430, Banda Municipal da Coruña, Banda Municipal de Pontevedra, Taller Atlántico
Contemporáneo Vértixe Sonora Ensemble, entre outras. Presentou concertos en Francia,
España, Italia, Alemaña, Austria, Albania, Casaquistán, Portugal e Macedonia, e participou
na Programación 2022-23 da Orquestra Sinfónica Vigo 430, XLIII Atope Internacional de
Compositors en Palma de Mallorca (2022), Matinais Musicais da Cidade da Cultura en
Santiago de Compostela (2022), Festival DME - Lisboa Incomun en Seia e Lisboa (2021),
Festival Sinsal Outono (2021) en Vigo, Festival Resis na Coruña (2019), nas Xornadas de
Música Contemporánea de Santiago de Compostela (2018), Saxornadas (2017) e Explurart
(2019) no Conservatorio Superior de Música de Vigo, Aula Internacional de Saxofón de Tui
(2015 a 2019), Saxornadas (2017), “Xornadas de Saxofón” en Sevilla (2000 e 2002),
Festival Are More de Vigo (2009).


Rafael Yebra foi vicedirector e director do Conservatorio Superior de Música de Vigo entre
2011 e 2015, e na actualidade é catedrático de saxofón no devandito centro despois de
pasar polos conservatorios profesionais de Vigo, Ferrol e Pontevedra. Imparte clases
maxistrais en conservatorios superiores e universidades europeas no marco do programa
de mobilidades Erasmus con destinos en Roma, Berlín, Viena, Bruxelas, Tesalónica, París,
Lisboa, Milán, Tirana, Almaty e Tallin, entre outros, á vez que desenvolve unha ampla
actividade pedagóxica como profesor e director artístico da aula Internacional de Saxofón
de Tui e como director artístico do ciclo Saxornadas desde a súa creación en 2003.


No ano 2008 participa na gravación de óbraa Miniatura Mantis da compositora María García
Mendoza patrocinado pola fundación Cuña-Casasbellas, en 2010 participa e grava a obra
Locus Amoenus para saxofón barítono e electrónica do compositor Antonio Rocha no marco
do ciclo XV da Asociación Galega de Compositores, e, en 2015 coa Real Filharmonía de
Galicia, participa na primeira gravación mundial da obra Guitar para orquestra do
compositor suízo Frank Martin.

Na súa aposta pola música actual estreou obras de Jacobo Gaspar, Jesús González, María
García Mendoza, Fernando Ruibal, Pablo Beltrán, Luís Carro, Fernando Buide, Hache
Costa, Xesús Xosé Iglesias González, Eduardo Soutullo, Eligio Vila, Alicia Díaz De la
Fuente, Maties Far, Laura de las Heras Alonso, Eckart Beinke, José Luis Campá, Helmut
Oehring, Christophe Havel, etc. sendo dedicatario de moitas destas partituras.


Actualmente está a traballar en diferentes proxectos nos que tenta compaxinar a música
clásica actual (contemporánea) co rock, jazz e outros estilos populares de maneira que
podamos gozar da realidade sonora que estamos a vivir.

OSWALDO ORO


Oswaldo Oro nace en Vigo e iníciase na música da man do seu avó, o músico e compositor
José Oro Val. Estuda no conservatorio Mayeusis cos profesores Pedro Díaz, Ernesto
Campos, do que recibe as súas primeiras leccións de canto; posteriormente finaliza a
licenciatura de grao superior (promoción ano 2002-2006) no Conservatorio Superior de
Música de Vigo. Durante ese período fórmase con: Margarita Escarpa, José Luis
Fernández; Tomás Camacho. Paralelamente, estuda arranxos de composición e guitarra de
jazz na escola “Jazz ao norte” de Porto, asistindo a diversos seminarios e enriquecendo a
súa formación con clases de flamenco.

Ademais das numerosas actuacións como concertista solista, asiste a concursos
internacionais como “O festival internacional Cesar Aria de Cacabelos” e “Concurso
internacional de guitarra de Gondomar”, obtendo unha mención honorífica neste último. Ao
longo da súa traxectoria escénica, traballou con numerosos grupos de múltiples estilos,
desde o clásico, ao amplo abanico de correntes musicais contemporáneas (rock, pop, jazz
etc.)/ etc.). Entre algunhas das súas actuacións máis destacadas, atópase a participación
no festival Are More 2006, co cuarteto Os Catro Elementos.


A súa temperá faceta compositiva é moi ampla: da súa autoría son a música para a obra de
teatro “Las bolboretas son libres” de Leoard Gershe, representada no ano 2004. Conta
tamén cunha cantidade de obras instrumentais de diversos estilos e numerosas cancións,
onde queda reflectida a súa formación e preferencias musicais.


Do seu interese polo canto destacan proxectos internacionais como a participación como
tenor no coro Europa Chorakademie, baixo a batuta do prestixioso Ingo Metzmacher, na
polémica obra “Réquiem Für einem jungen Dichter” do compositor Bernd Alois
Zimmermann, representada nunha xira por Hamburgo e Bremen no ano 2000. En 2004
traballa na zarzuela “Las de Caín”, interpretando o papel de Tomás. En 2005, baixo a
dirección de Emilio Sagui, participa en opéraa Lucrecia Borgia de G. Donizetti, e como
guitarrista, colabora en opéraa Dido e Eneas. Na actualidade desempeña o seu labor como
docente, sendo convidado a participar con periodicidade en “A semana da guitarra de Vigo”
como concertista e profesor.


“El Valse dos Cordeiros” é o seu primeiro traballo discográfico co nome artístico Oswaldo
Oro, no que ademais de compositor desenvolve tarefas como arreglista cantante e
instrumentista (guitarras, voces, teclados, sintetizadores, Hammond...) cancións con letras
da súa irmá e escritora, Raquel Costal Ouro.


Da man do artista e produtor Paco Ortega presentou este proxecto coa participación de
músicos de altísimo nivel e recoñecido prestixio como Anye Bao, Manolo Nieto, Diego
Magallanes ou o italiano Walter Tesiorere.


A súa obra LABAS (ola en lituano) foi incluída no disco A Guitarra Clásica Galega de
Samuel Diz, no que figuran autores da soada residencia de estudantes madrileña como o
lucense Bal y Gay e a súa muller, discípula de Manuel de Falla, Rosa Ascot.


En 2016, alcanza o primeiro premio no concurso de Composición de carácter internacional,
FIDELIO, coa obra Zeugma, quedando segundo o Alemán Richard Vaughan e terceiro,
Vladimir Gapontsev de Rusia.

Ademais da licenciatura de grao superior en guitarra clásica e a súa instrución en diversos
estilos: jazz, flamenco, contemporáneo… obtén un #máster oficial pola Universidade da
Rioxa.


Na actualidade é xefe do departamento de Produción e Xestión no CSMV no que imparte
clases como catedrático na especialidade de Tecnoloxía Musical. Actividade que
compatibiliza coa composición. Recentemente gravou en Londres co prestixioso produtor e
enxeñeiro de son, Matt Lawrence, gañador dun Grammy.

PROGRAMA

​​

Sete cancións españolas

Música/s para saxofón/s e guitarra/s

 

Manuel de Falla (1876-1946) :: Sete cancións españolas 

A. Piazolla (1921-1992) :: Piazolla`s works 

S. Rachmaninov (1873-1943) :: Vocalise 

M. Ravel (1875 -1937) :: Pieza en forma de habanera 

J. Montes (1840-1899) :: Negra sombra 

bottom of page