top of page
1/1
Así foi a edición especial ClasClás 2020
Despois dunha primeira e segunda edición con gran éxito de crítica e público, o Festival Internacional de Música de Clasclás suspendeu a súa terceira edición como consecuencia da pandemia mundial causada por COVID-19. O Concello de Vilagarcía, promotor e principal patrocinador do festival, decidiu mantelo vivo este ano cunha serie de eventos alternativos e transversais a través dunha edición especial de 2020.
Quixemos mesturar conceptos, novas formas, resaltar espazos públicos cun alto contido cultural e natural, ao tempo que aproveitamos para achegar a música clásica a toda a poboación a través de diferentes actuacións, mentres buscamos novos públicos.
bottom of page