top of page

VOCALIA TALDEA

SÁBADO 29 XUÑO | 21:00 H. | Auditorio Municipal

 

Vocalia Taldea comeza a súa andaina no ano 2000. Creado por iniciativa do seu actual director Basilio Astulez, Vocalia Taldea é un proxecto no que se cristalizan as procuras e inquietudes dun grupo de mulleres profesionais da música do País Vasco. A súa aposta céntrase na firme intención de ser un grupo vocal estable que acceda a un repertorio que, por cuestións de esixencia musical e vocal, non adoita interpretarse habitualmente.

Vocalia Taldea conta na actualidade con 36 cantantes provenientes de Álava, Bizkaia, Guipuzkoa, Navarra e A Rioxa e con ampla experiencia no mundo coral. As súas arriscadas programacións e a súa coidada posta en escena converten ao grupo nun referente no panorama coral actual. 

Vocalia Taldea interpreta un amplo rango de repertorio para coro feminino, desde os períodos clásicos ata a música contemporánea, tanto vasca como internacional. Así mesmo realiza unha intensa labor de investigación do repertorio dos séculos XX e XXI, o que permite a innovación e a ampliación do potencial expresivo do grupo.

Vocalia Taldea gravou tres discos, Neskatxena, María Mater e Haizeak Dakar, este último dedicado integramente á música do compositor Xabier Sarasola.

Desde os seus inicios, o coro Vocalia Taldea foi convidado a un gran número de ciclos e festivais corais en España e Europa (Italia, Francia, Irlanda, Bélxica...). Os seus concertos, avalados pola crítica, son mostra dunha traxectoria marcada pola calidade, orixinalidade e innovación. O grupo colabora frecuentemente con diversas orquestras, solistas e entidades culturais e recibiu máis de vinte premios en certames internacionais como os de Circuítos, Arezzo, Tolosa, Maasmechelen ou Cork.

En novembro de 2019, baixo a dirección do mestre Juanjo Mena, realizou unha xira de concertos coa Orquestra Sinfónica de Euskadi dentro do seu programa de abono interpretando música de Gustav Holst.

Entre setembro e decembro de 2020 Vocalia Taldea presentou o programa barroco Lle Muse Veneziane, con música de Antonio Vivaldi, Nicola Porpora e Baldasare Galuppi, nos ciclos de música antiga de Zumarraga, Zenarruza e Ordizia xunto con Conductus Ensemble e baixo a batuta de Andoni Sierra.

Ao longo de 2021 ofreceu concertos en Madrid, Azkoitia, Zornotza, Dax (Francia) e Vitoria Gasteiz.

O seu programa There Is Non Rose, con música de Benjamin Britten, Johannes Brahms e Xabier Sarasola, presentouse en Vitoria Gasteiz, Beasain e Bilbao (Teatro Arriaga e Sociedade Filarmónica). Nestes concertos, Vocalia Taldea estreou a suite Urtats Elur, escrita para o grupo polo compositor Xabier Sarasola e creada a modo de espello da suite de música do Nadal A Ceremony of Carols de Britten.

En 2022 desenvolve un novo proxecto que baixo o título de Arima Sakra recolle unha selección de repertorio relixioso para coro feminino e órgano con obras de Felix Mendelssohn, Francis Poulenc e Kim André Arnesen. Este programa foi presentado no Ciclo de Música Relixiosa de Hondarribia, en Burgos e, xa en 2023, no ciclo Matinées de Miramon da Orquestra Sinfónica de Euskadi. Para este programa contou coa colaboración do organista Óscar Rodríguez e a soprano Nerea González.

En agosto de 2022, xunto co mestre Alain Antinoglu e a Orquestra Sinfónica da Radio de Frankfurt, Vocalia Taldea participou no Festival Internacional de Santander e a Quincena Musical Donostiarra interpretando Sirènes de Claude Debussy con gran éxito de crítica e público.

 

En abril de 2023 Vocalia Taldea foi o coro vencedor da 50ª edición do prestixioso Certame Coral de Ejea de los Caballeros. Nesta ocasión o concurso tiña unha significación especial posto que os participantes eran coros gañadores de edicións anteriores. O premio supón por tanto un importante recoñecemento á calidade do traballo desenvolvido por Vocalia Taldea e o seu director Basilio Astulez. Neste concurso o coro estreou a suite de melodías vascas Andere, creada por Josu Elberdin a partir dun encargo de Vocalia Taldea.

 

Basilio Astúlez, Director

É profesor de Canto Coral no Conservatorio Municipal de Leioa e fundador do coro infantil Leioa Kantika Korala en 2001, o coro xuvenil feminino A Kantoria en 2005 e o mixto SJB en 2007. Esta nova escola coral engloba a máis de 150 cantantes de entre 7 e 35 anos e recibiu xa numerosos galardóns en certames españois e europeos.

En 2000 funda o grupo de cámara feminino Vocalia Taldea, posuidor de máis de 20 galardóns nos principais certames corais do circuíto internacional.

Á fronte destes grupos realizou 10 gravacións discográficas e un gran número de xiras internacionais en Europa e América e colaborado con importantes solistas, orquestras, directores e agrupacións.

En 2008 recibe o premio especial á mellor dirección no 47 Certame Internacional C. A. Seguizzi en Gorizia, Italia, polo seu traballo á fronte de Leioa Kantika Korala.

En 2009 recibe tamén o premio especial á mellor dirección no 38 Florilège Vocal de Tours en Francia, polo seu traballo á fronte de Vocalia Taldea.

Actualmente é profesor de Dirección Coral para entidades educativas, universidades e diversas federacións corais do país e frecuentemente solicitado como xurado en certames e para ofrecer cursos e seminarios de canto coral en Europa, América e Asia. Desde 2018 é tamén profesor de dirección coral no Conservatorio Superior do País Vasco Musikene.

 

Cristina Saldías, piano

Cristina Saldías Solís realiza os seus estudos musicais no País Vasco, onde obtén os títulos superiores de Piano e Música de Cámara e profesionais de Canto e Linguaxe Musical.

Durante a súa formación traballou con Albert Nieto, Margarita Lorenzo de Reizabal , Maria

Ángeles Rodriguez, Cecilio López de Luzuriaga, Carmelo Bernaola, José Rada …

Traballou como pianista repertorista de instrumentos e como Soprano e Pianista en diversas agrupacións corais como a coral Samaniego e o Coro Clúster Cámara.

Forma parte do coro Vocalia Taldea desde os seus inicios.

Actualmente traballa como pianista acompañante no Conservatorio Profesional de Danza

“José Uruñuela “ de Vitoria - Gasteiz.

PROGRAMA

De lo humano y lo divino… 

 

F. Ibáñez-Iribarria (1951) :: Ave María

J. Saénz (1996) :: Libera Me

 

Tokuhide Niimi, (1947) :: Salve Regina

D. Mocnik (1967) :: Ignis Caritatis

R. Stroope (1953) :: Revelation                                      

   Mario Hernández, Solista

J. Elberdin (1976) :: Goizean Argi Hastian

X. Sarasola (1960) :: Haizeak Dakar

J. Domínguez (1967) :: Nocturnos

A. Cadario (1980) :: Lau Teilatu

J. Domínguez (1967) :: Estou Amor Aquí

bottom of page