ELISABETH LEONSKAJA [PIANO]
LUNS 24 XUÑO | 21:00 H. | Auditorio Municipal
Durante décadas, Elisabeth Leonskaja estivo entre as pianistas máis recoñecidas do noso tempo. Nun mundo dominado polos medios de comunicación, Elisabeth Leonskaja mantívose fiel a si mesma e á súa música. Segue os pasos dos grandes músicos rusos da época soviética, como Oistrakh, Richter e Gilels, que nunca renunciaron á súa maneira de interpretar a música a pesar dun ambiente político moi difícil.
Nada en Tbilisi, Xeorxia, nunha familia rusa e sendo nena prodixio deu os seus primeiros concertos xa aos 11 anos. Mentres aínda era estudante do Conservatorio, gañou premios nos prestixiosos concursos internacionais de piano como Enescu, Marguerite Long e Queen Elisabeth.
O desenvolvemento musical de Elisabeth Leonskaja foi moldeado e influenciado en forma decisiva pola súa colaboración profesional con Sviatoslav Richter. En 1978 Elisabeth Leonskaja marchouse da Unión Soviética para crear o seu novo fogar en Viena, onde xa actuara varias veces.
Participou como solista con practicamente todas as orquestras máis importantes do mundo baixo a dirección de directores como Thomas Dausgaard, Charles Dutoit, Vladimir Fedoseyev, Iván Fischer, Tugan Sokhiev, Yuri Temirkanov, e moitos outros. Ademais, é convidada con frecuencia a festivais de música de verán, como o Wiener Festwochen, Schleswig-Holstein Festival, Schubertiade en Hohenems e Schwarzenberg.
A pesar da súa apertada axenda como solista, a música de cámara sempre xogou un papel prominente no seu traballo. Con frecuencia Elisabeth ten colaborado con formacións como Artemis Quartet, Belcea Quartet, Borodin Quartet e Emerson Quartet.
Entre as súas gravacións máis destacadas figuran os “Concertos para piano de P. I. Tchaikovsky” coa Orquestra Filarmónica de Nova York baixo a batuta de Kurt Masur, os “Concertos para piano de F. Chopin” coa Orquestra Filarmónica Checa baixo a batuta de Vladimir Ashkenazy e os “Concertos para piano de D. Shostakovich” coa Orquestra de Cámara de San Pablo.
A súa gravación titulada “París” inclúe obras de M. Ravel, C. Debussy e G. Enescu, lanzada polo selo berlinés eaSonus e que foi elixida Gravación do Ano 2014 polo Xurado ICMA (International Classical Music Awards). “Saudade” un disco con obras de P. I. Tchaikovsky, D. Shostakóvich e S. Rachmáninov, publicouse en 2017. O primeiro volume da colección completa de “Sonatas de Schubert” foi lanzado en febreiro 2016 e o segundo presentouse en maio de 2019. En xaneiro de 2020 publicouse un dobre CD con “Obras para piano de Robert Schumann”. Desde 2021 volve gravar para WARNER. Un ciclo de “Sonatas de Mozart” e os “Concertos para piano de Beethoven nº 3 e 4”. Posteriormente seguirán os concertos de R. Schumann, E. Grieg e as obras para piano só da segunda escola de Viena.
Na súa segunda patria, Austria, Elisabeth Leonskaja é membro honorario do Konzerthaus de Viena. En 2006 foi galardoada coa Cruz Austríaca de Honra ás Ciencias e as Artes, Primeira Clase, polo seu destacado servizo á cultura do país, o premio máis alto en Austria. En Xeorxia, foi nomeada Sacerdotisa da arte en 2016, a maior honra artística deste país. En 2020 recibiu o Premio á Traxectoria de Música Clásica Internacional (ICMA).
PROGRAMA
W. A. Mozart (1756-1791) :: Sonata para piano nº 18 en Re mayor, Kv. 576
I. Allegro
II. Adagio
III. Allegretto
A. Webern (1883-1945) :: Variacións Op. 27
I. Sehr Mässig
II. Sehr Schnell
III. Ruhig Fließend
F. Schubert (1797-1828) :: Drei Klavierstücke D. 946
I. Allegro assai
II. Andante
III. Allegro
L. van Beethoven (1770-1827) :: Sonata nº 32 en Do menor, Op. 111
I. Allegro
II. Arietta, tema e variacións