top of page

CUARTETO NOVECENTO

SÁBADO 29 JUNIO | 12:00 H. | Pazo de Rubiáns

Catro músicos chegados de distintos recunchos de Europa encóntranse en Santiago de Compostela: Ildikó Oltai, Irina Gruia, loana Ciobotaru e Millán Abeledo. Todos eles, membros da Orquestra Real Filharmonía de Galicia, deciden unirse e formar un cuarteto de corda estable.

O Cuarteto Novecento ofrece algo máis que un repertorio habitual: Céntrase na música escrita a finais do lmpresionismo para abarcar todo o século XX. Música pouco coñecida pero sempre divertida, sensible e orixinal. O Cuarteto Novecento quere, ca súa iniciativa, presentar unha proposta distinta e diferenciada que complete o panorama musical camerístico desde Santiago de Compostela.

O primeiro concerto do Cuarteto Novecento celebrouse en xuño de 2016 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela con gran éxito de público e da crítica.

Cabe destacar a súa participación en diferentes programacións de música de cámara da Universidade de Santiago de Compostela, Sociedad Filarmónica de Vigo, Ciclo de Música Religiosa de Barcia de Mera, Sociedad Filarmónica de Rías Baixas, Sociedad Filarmónica de Monforte de Lemos, Sociedad Filarmónica de Pontevedra, Festival de Arpa de Noia, Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, entre outros.

En 2018 colaborou no disco “Fios de ouro no ár” do músico galego Rodrigo Romaní. O mesmo ano promoveu o ciclo “Mulleres Compositoras” ca Universidade de Santiago de Compostela. Por encargo do Concello de Betanzos estreou os Cuartetos de Cordas no. 4 y no.11 do compositor galego Carlos López Garcia-Picos.

 

O seu máis reciente e importante proxecto é o seu primeiro CD, unha grabación que supón un forte impulso para que o Cuarteto Novecento avance no seu labor interpretativo, ademáis de supoñer un fito significativo para a música de cámara galega presentán- dose no catálogo do prestixioso selo Brilliant Classics a partires do 2023. 0 CD está composto por tres Cuartetos de corda galegos inéditos, de tres séculos diferentes: Marcial de Adalid, siglo XIX, Pepito Arriola, siglo XX e Juan Durán, compositor galego contemporáneo, Siglo XXI.

11:00 horas visita al Pazo

12:00 horas Concierto

13:00 horas degustación

PROGRAMA

Marcial del Adalid (1826 - 1881) :: Cuarteto de cordas en Sol maior, op 16

Giacomo Puccini (1858 - 1924) :: Minueto e fuga

Gabriel Faure (1845 -1924) :: Pavane

Giacomo Puccini :: Cuarteto en un movemento

Giacomo Puccini :: Crisantemi

Joaquin Turina (1882 – 1949):: Oración del torrero (8 minutos)

bottom of page