Vilagarcía de Arousa está situada na costa atlántica de Galicia, a medio camiño entre A Coruña e Vigo. Con algo máis de 37.000 habitantes, é unha cidade que disfruta dunha alta calidade de vida non só pola súa situación e clima, senón polos servizos que ofrece: hospital, porto de interés xeral, servizos administrativos, ferrocarril, acceso é autoestrada, escola de idiomas, conservatorio, auditorio, complexo polideportivo con estadio de atletismo e SPA, fermosas prais, porto deportivo… Vilagarcía é hoxe unha das cidades máis dinámicas de Galicia e, sen dúbida, a capital da ría de Arousa.
A pesar da súa situación no extremo occidental da península ibérica, Vilagarcía conta cunhas boas comunicacións, que lle permiten estar preto de España e de Europa. Xa sexa por estrada, a través da autoestrada e as autovías que a unen a aquela, xa sexa por ferrocarril, pois Vilagarcía atópase na liña máis rendible de Galicia e forma parte do proxecto de Alta Velocidade (AVE). Ademais, a cidade está a apenas 45 minutos de dous aeroportos internacionais (Santiago de Compostela e Vigo) e é, por último, escala frecuente dos cruceiros que percorren a costa occidental de Europa.