Elisabeth Leonskaja
Elisabeth Leonskaja está en posesión das máximas honras artísticas a nivel internacional. Falamos dunha artista que escalou ata alturas acadadas polos máis grandes, non só dehoxe, senón de toda unha época. Artista única e lexendaria que realizará un fantástico percorrido pola historia do piano dos séculos XVIII a XX no concerto inaugural desta VII edición
Adolfo Gutiérrez & Malcom Martineau
Adolfo Gutiérrez é un cellista español de recoñecida e ampla traxectoria. Malcolm Martineu ven de desenvolver unha longa carreira no campo de acompañamento vocal, acadando a Orde do Imperio Británico pola súa contribución aos novos intérpretes. Interpretarán un repertorio de enorme beleza e profundidade artística.
Elisabeth Leonskaja volverá a subirse ao escenario do clasclás na compaña do prometedor Cuarteto Kandinsky, ao que amadrina desde hai tempo, para interpretar dous monumentais quintetos para piano e corda. O contrabaxista Dominik Wagner se sumará a eles no Quinteto "A troita"
Judith Jáuregui e o Cuarteto Gerhard forman xa unha unión estable no tempo. Judith, de impecable interpretación, repite no clasclás por segunda vez. O Cuarteto Gerhard está considerado como un dos máis destacados da súa xeración. Con eles faremos unha homenaxe conxunta á música española e a tradición checa.
Josef Špaček está considerado un dos mellores violinistas checos de hoxe en día polo seu puro ton, e coidado rexistro grave. Miroslav Sekera ten sido galardoado internacionalmente en diversos concursos de piano. Forman dúo estable desde hai anos e con eles celebraremos o ano da música checa.
Vocalia Taldea é un proxecto no que se cristalizan as procuras e inquietudes dun grupo de mulleres profesionais da música do País Vasco. A súa aposta céntrase na firme intención de ser un grupo vocal estable que acceda a un repertorio que, por cuestións de esixencia musical e vocal, non adoita interpretarse habitualmente.
clasclás matinée
Concerto ...Música, onte-hoxe...
clasclás matinée