

PABLO ZAPICO [Guitarra Barroca] | clasclás matinée
DOMINGO 22 XUÑO | 12:00 H. | Vista Alegre
Pablo Zapico é un recoñecido intérprete no campo da Música Antiga, especialista de tiorba,
archilaúd e guitarra barroca. Conclúe os seus estudos superiores de corda pulsada coa
máxima cualificación na Escola Superior de Música de Catalunya e é felicitado
unánimamente polo tribunal á finalización do seu Máster en Musicologia, educació musical i
interpretació da música antiga pola Universitat Autònoma de Barcelona en 2012.
Xunto aos seus irmáns Aarón Zapico e Daniel Zapico é membro cofundador do prestixioso
grupo barroco Forma Antiqva, recoñecido pola crítica como un dos mellor valorados do
panorama actual. Independentemente, mantén unha intensa actividade como solista e
colaborador dos grupos e orquestras europeos máis importantes, participando así en todos
os festivais da península e realizando concertos por todo o mundo.
Gravou máis de trinta discos para selos como Arsis, Vanitas, Alpha ou Winter & Winter, do
que é artista exclusivo.
Actualmente combina a súa carreira de intérprete coa docencia, sendo profesor no
Conservatori Superior de Música de lles Illes Balears e no centro superior Musical Arts de
Madrid. Ademais, publica regularmente nas revistas da Sociedade da Vihuela e da Lute
Society of America.
Pablo Zapico foi galardoado co premio ao Grupo do Ano 2010 da RTPA, co Premio
Serondaya 2012 á Innovación Cultural, co premio Mellor Grupo de Música Barroca 2018 de
XEMA e coa Medalla de Ouro do Foro Europeo Cum Laude 2019; entre outros
recoñecementos.
En xuño de 2021 é premiado coa Bolsa Leonardo a investigadores e creadores da
Fundación BBVA para a «Gravación discográfica de tonadillas inéditas de ‘A Caramba’» con
Forma Antiqva.
Pablo Zapico coa guitarra barroca abordará un programa baixo o título “A primeira Guitarra
española” A música barroca – culta e popular- que deu fama á primeira guitarra española e
aos seus mestres. Interpretará obras de Ludovico Roncalli (S. XVII), Gaspar Sanz
(ca.1640-ca.1710), Francesco Corveta (1615-1681), Francisco Guerau (1649-1722),
Santiago de Murcia (1673-1739), Angelo M. Bartolotti (ca.1600 – post 1668)e Nicola Matteis
(ca.1650 – ca.1700)
Durante todo o século XVII, a guitarra de cinco ordes, hoxe guitarra barroca pero coñecida
universalmente entón como guitarra española, gozou dunha extraordinaria popularidade en
gran parte de Europa, sobre todo en Italia, Francia e España. Esta popularidade traduciuse
nunha ampla produción de música impresa e manuscrita, e nunha activa presenza do
instrumento na cultura da época, así no teatro como na danza, e tamén na literatura.
Da guitarra española, ou guitarra de cinco ordes, ou vihuela do Barroco, queda o influxo do
feitizo que exerceu sobre toda clase de xentes. Un feitizo que reverbera no noso tempo nos
labirintos harmoniosos do programa deste concerto que nos mostra o esplendor da guitarra
no Barroco da man dalgúns dos seus mestres máis renombrados.
PROGRAMA
A primeira guitarra española
A música barroca -culta e popular- que deu orixe e fama á primeira guitarra española e aos seus maestros
Ludovico Roncalli (s. XVII) :: Preludio
Gaspar Sanz (ca.1640 – ca.1710) :: Pavanas por la D, con Partidas al Aire Español
Francesco Corbetta (1615 – 1681) :: Passachaglia
F. Corbetta :: Preludio
Francisco Guerau (1649 – 1722) :: Marionas
Santiago de Murcia (1673 – 1739) :: Grabe
G. Sanz :: Jacaras
Angelo M. Bartolotti (ca.1600 – post 1668):: Prelude [5to. tuono]
G. Sanz :: Passeos por 4º Tono
S. de Murcia / según A. Corelli :: Obra por 5to tono. Preludio Grabe
G. Sanz :: Preludio y Fantasía por la O
S. de Murcia :: La Jotta
F. Guerau :: Villano
S. de Murcia :: Baylad Caracoles
Nicola Matteis (ca.1650 – ca.1700) :: Preludio Semplice
S. de Murcia :: Cumbees
G. Sanz :: Canarios [por la A]