top of page

FERNANDO RAÑA [FLAUTA] E ALBA BARREIRO [ARPA]

SÁBADO 28 XUÑO | 12:00 H. | Salón García

FERNANDO RAÑA


Fernando Raña nace en Pontesampaio (Pontevedra) en 1970. A moi curta idade inicia o seu
contacto coa música e pronto centra o seu interese na frauta traveseira, motivo polo que se
traslada a Madrid onde finaliza os estudos no Conservatorio Superior da devandita cidade
coas máximas cualificacións (1988).


Posteriormente estuda con Magdalena Martínez, profesora coa que conseguira o
Performers Diplomation da Guilhald School de Londres. En 1990 e premiado no 1º
Concurso de Xóvenes Intérpretes organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de
Galicia. En 1993 recibe unha bolsa do Festival Internacional de Música e Danza Manuel de
Falta de Granada e en 1997 obtén unha mención honorífica no «Torneo Internacional de
Música» celebrado en Zaragoza. Como complemento a súa formación tamén recibe clases
maxistrais dos profesores J. M. Llorens, Nicolas Brochot, Pierre Dumail, Kate Hill (convidado
pola JONDE) e Alain Marion.


Colaborou con formacións como a Orquestra Clásica de Vigo, Orquestra Vigo 430, Xoven
Orquestra de Galicia, 1ª Orquestra da Escola de Altos Estudos do IGAEM (profesor de
vento-madeira), Orquestra Sinfonietta, Orquestra de Cámara da Orquestra Sinfónica de
Galicia, Orquestra Lírica Nacional, Orquestra Internacional do Festival de Orquestras Novas
de Murcia, Virtuosos de Moscu , Orquestra de Cámara do Festival Mozart, Orquestra
Sinfónica do Principado de Asturias, Orquestra Sinfónica de Galicia, etc. Nesa experiencia
orquestral cabe apuntar o traballo realizado baixo a dirección de mestres como James

Ross, Enrique Ricci, Jose Ramón Encinar, Josep Pons, Rene Clement, Miquel Ortega,
Philip Walsh, #Luis Fernando Malheiro, James Judd ou Antoni Witt.


Gravou co guitarrista Román González tres Cd´s de música orixinal para frauta e guitarra
escrita no século XX (Dúo «Raña-González»). Cabe destacar, neste campo, o premio
outorgado polo Ministerio de Cultura ao participar na gravación da Sonata para frauta e
guitarra de Ángel Barja reeditada pola Excma. Deputación de León. No ano 2008 participou
como solista na estrea en España da obra Vortex Temporum de Gerard Grisey programada
polo Festival Mozart da Coruña.


En 1992 aproba as oposicións ao corpo de profesores de conservatorio do MEC, e tras
realizar a súa tarefa pedagóxica en Xixón e Coruña, na actualidade e catedrático do
Conservatorio Superior de Música de Vigo e convidado a impartir cursos de
perfeccionamento e ofrecer recitais como solista en salas e conservatorios de Suíza, Italia,
Portugal, Lituania, Países Baixos, Bélxica, Serbia, Montenegro, Albania ou Turquía. No
ámbito da investigación, desde febreiro de 2018, ostenta o título de «#Máster de Teatro e
Artes Escénicas» da Universidade de Vigo cunha investigación acerca da obra para frauta
do compositor catalán Salvador Brotons, compositor sobre o que versan senllas
comunicacións científicas publicadas en revistas especializadas co galo da súa tese de
doutoramento na Universidade Politécnica de Valencia.

ALBA BARREIRO


Alba Barreiro naceu en Vigo, os seus inicios musicais tiveron lugar tomando
contacto coas súas raíces galegas a través do baile galego e a pandeireta, na
Escola de Recordos Galegos de Vigo. Posteriormente, comezou os estudos de
piano e un ano máis tarde ingresou na ETRAD na especialidade de arpa celta con
Rodrigo Romaní. Pouco despois entrou na Orquestra Folk Sondeseu, con quen
pisou por primeira vez un escenario profesional no Festival de Ortigueira aos 15
anos de idade. Con esta formación tivo unha longa traxectoria que a levou a
participar en numerosos concertos, festivais internacionais e varios traballos
discográficos.


Con 17 anos, ao finalizar na ETRAD, iniciou os estudos de arpa clásica con Céline
Landelle, arpista da OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia). Entrou pouco tempo
despois na OJSG (Orquestra Nova de Galicia) onde tomou o seu primeiro contacto
co repertorio sinfónico. Formou parte desta orquestra durante varios anos como
arpista principal. Máis adiante completaría os seus estudos superiores de arpa en
Musikene (Conservatorio Superior de Música del País Vasco) coas arpistas
Frédérique Cambreling, Christine Icart e Elisabeth Colard.

Como solista estreou óbraa Pórtico da Illa de Monteagudo para arpa e orquestra de
Juan Durán, no marco do espectáculo “O Cuanto das Illas” pola declaración das Illas
Cíes como Patrimonio da Humanidade. Interpretando esta mesma obra colaborou
no traballo discográfico Atlantic Waters, gravado pola Real Filharmonía de Galicia e
publicado en 2021. Tamén actuou con esta orquestra como solista na tempada
2022-2023, ademais de interpretar tamén concertos para arpa con orquestras como
a Orquestra Gaos e a Orquestra Vigo 430. Participou en festivais como o Noia Harp
Fest, Música no Claustro, Musika-Música, Festival Internacional de Música e Danza
de Granada, Achill International Harp Festival... Habitualmente colabora coa Real
Filharmonía de Galicia, a Sinfónica de Galicia, a Orquestra Vigo 430 e o Taller
Atlántico Contemporáneo, ademais doutros conxuntos do panorama galego. Tamén,
grazas ao seu perfil polivalente, compartiu escenario con artistas e agrupacións de
diversos estilos como Carlos Núñez, Abraham Cupeiro, Xabier Díaz ou Anxo
Lorenzo entre outros. Actualmente compaxina o seu traballo nos escenarios coa
docencia e a investigación, ademais de formar parte da dirección do Noia Harp Fest.

PROGRAMA

A frauta e a arpa en Galicia

 

J. Trillo (1942) :: Preludio, Alvorada e Pandeirada (2023)

 

E. Vila (1943) :: Ventana a mi interior , Op. 41 *(2024)

 

G. Bussi (1975) :: Sakura Sakura (2022)

 

J. Durán (1960) :: Catro pezas galegas para frauta e harpa (2023)

Cantiga de Marín

Fuches ti

Camariñas

Quer que lle quer

 

* Estrea absoluta

bottom of page