top of page

clasclás 2024  |  ´Andante´

O Festival Internacional de Música Clásica clasclás realizará  a súa VII edición novamente no verán de 2024 baseándose no vertixinoso e consolidado éxito obtido polo certame ao longo dos seis últimos anos, acadando os 5.000 asistentes na derradeira edición do ano 2023. O festival celebrarase dende o venres 21, coincidindo co Día Internacional da Música, ata o sábado 29 de xuño de 2024.

Nesta VII edición o Festival renderá homenaxe ao papel da muller na historia da música, e así o reflexa a imaxe deste ano baixo o lema “Andante”:

Á gran e lexendaria pianista Elisabeth Leonskaja, que inaugurará o festival e fará doblete nun segundo concerto xunto a Hannah Kandinsky, sumaranse Judith Jáuregui, Judith Bardolet e as 36 mulleres profesionais da música componentes de Vocalia Taldea; tamén as tres componentes do Cuarteto Novecento, Ildikó Oltai, Irina Gruia, Ioana Ciobotaru; ás novas compositoras Paula Olaz y Eva Ugalde das que escoitaremos as súas obras na clausura do clasclás; as dúas vicepresidencias, o equipo directivo e unha importantísima parte do equipo de producción e xestión do festival; as profesoras do programa Pedagóxico como

Mairead Hickey, as pianistas acompañantes do Programa a pé de rúa e todas as alumnas que

participan nos catro programas que completan o Festival.

 

OS PROGRAMAS DO CLASCLÁS 2024

Programa Artístico

Elisabeth Leonskaja é, sen dúbida, a protagonista desta edición por varias cuestións:

É unha pianista lexendaria, unha das grandes damas da escola rusa, artista extremadamente

coherente de gran personalidade, expresividade e una sonoridade única. Participará en dous

concertos do festival, un en solitario e outro xunto ao Cuarteto Kandisnky.

Xunto a eles, podemos tamen escoitar ao recoñecido cellista Adolfo Gutiérrez Arenas con

Malcolm Martineau, nunha das escasas oportunidades nas que podeir escoitar a este afamado pianista escocés interpretando música de cámara.

Judith Jáuregui volve ao clasclás nesta ocasión acompañada polo Cuarteto Gerhard, formando un quinteto que xa leva tempo traballando conxuntamente, interpretando ademáis obras para piano solo e para cuarteto de corda.

Josef Špaček, o prestixioso violinista checo, concertino durante anos da Filarmónica checa e

alumno de Iztak Perlmann, ofrecerá o quinto concerto do clasclás co seu pianista de cabeceira,

Miroslav Sekera.

Clausuraremos este clasclás con un concerto a cargo Vocalia Taldea, coro de voces blancas

fundado no ano 2000 polo seu director Basilio Astúlez e que reúne a 36 mulleres profesionais da

música que nos ofrecerán un programa baixo o título De lo divino y humano. Josu Okiñena as

acompaña ao piano.

 

Programa Pedagóxico e de Masterclasses

O Programa Pedagóxico e de Masterclasses, que se realiza nesta ocasión de forma previa ao

festival, ten por obxectivo ampliar, fortalecer e consolidar a formación do alumnado do

Conservatorio Profesional de Vilagarcía, así como doutro alumnado ou ex-alumnos que puidesen

participar convidados polo centro.

Para esta VII edición do festival está previsto realizar as seguintes actividades pedagóxicas e

Masterclasses: Masterclass de Trombón, Masterclass de Rítmo e Percusión Cubana,

Masterclass de Trompeta, Masterclass de Violín e Taller de Música Irlandesa, Masterclass

de Frauta Travesera e taller de Traverso Barroco, Taller práctico para afrontar a ansiedade

escénica baixo a denominación “Cambia en 4 horas como subes al escenario”.

Programa Social e Comunitario

Queremos continuar apostando polo benquerido Programa Social e Comunitario, deseñado

para amosar a música clásica a diferentes colectivos da nosa sociedade que por diferentes

motivos ou causas non teñen facilidade suficientes para achegarse a ela,  e que tantas alegrías

ten provocado a todos os que participan no clasclás, asistentes, participantes e organizadores,

evento imprescindible para o festival. Son preto de 400 espectadores de capacidades diferentes

pertencentes a máis de vinte as asociacións e colectivos que participan cada ano neste programa.

 

Programa clasclás a pé de rúa

As primeiras notas que soan cada ano cando comeza o festival  son as do alumnado do

Conservatorio Profesional de Música que, xunto co da Escola Municipal de Música, se encargan de facer de teloneiros dos artistas que nos visitan cada edición a través do Programa clasclás a pé de rúa

Diversas localizacións da cidade, e a Igrexa da Vistalegre para aqueles instrumentos que o

precisan, serven de escenario para o desenvolvemento desde programa.

 

Programa clasclás matineé

 

Este programa, de nova creación na VII edición, ten como obxectivo celebrar concertos en sesión de mañá en espazos históricos de singular interese da nosa cidade, como o Pazo de Rubiáns, a Igrexa de Vistalegre, o Salón García, etc…

O próximo verán nos concertos do clasclás matinée poderanse escoitar obras de compositores

galegos, nados no século XX e outros aos que renderemos homenaxe como G. Puccini ou  G.

Fauré. 

Están previstos os seguintes concertos: 

...música, onte-hoxe. A cargo de Manuel Morales, frauta e Raúl Rodríguez, piano no Salón García o venres 28 de xuño ás 12:00 horas con entrada de balde previa retirada en

Ataquilla.com

Cuarteto Novecento, o sábado 29 de xuño no Pazo de Rubianes. Entradas en

www.clasclas.com e www.pazoderubianes.com

 

| COMITÉ ORGANIZADOR |

 

Presidente: Alberto Varela Paz, alcalde de Vilagarcía de Arousa.

Vicepresidente executivo primeiro: Paola María Mochales, concelleira de Educación.

Vicepresidenta segunda: Sonia Outón Casal, concelleira de Cultura.

Dirección : Rosina Sobrido Fernández e Vladimira Smausová.

Coordinación Programa Social e Comunitario: María Galbán Zaragoza

Cartel Artistas 24.jpg

Programa de Concertos

bottom of page