Marek Kozak
Martes 27 de xuño 21:00 horas
Auditorio Municipal
Entrada gratis previa retirada en Ataquilla.com
Á idade de só vinte e oito anos, o virtuoso do piano Marek Kozák ten acadado unha serie de resultados impresionantes nunha ampla gama de prestixiosos concursos. O último éxito recente, en 2021, é o título de laureado no altamente esixente Councours Geza Anda de Zúrich.
En 2015, Marek foi semifinalista no Concurso Internacional de Piano Fryderyk Chopin en Varsovia. Ao ano seguinte, obtivo outro novo galardón no Concurso Primavera de Praga, levándose o segundo premio e un premio especial pola súa interpretación da composición contemporánea "The Jongleur" de Adam Skoumal. En 2018, gañou o primeiro premio e o premio do público no Concurso Europeo de Piano de Bremen, e en 2019 foi finalista no concurso Busoni de Bolzano.
Os críticos eloxian constantemente a súa técnica impecable, o sentido de proporción e gradación, a ampla gama de expresión e a súa profunda musicalidade e fidelidade á notación musical.
Desde que se graduou na clase de piano do Prof. Ivan Klánský na Academia de Artes Escénicas de Praga, Marek Kozák certamente causou sensación na escena musical checa. En febreiro de 2020, a súa primeira actuación coa Orquestra Sinfónica da Radio de Praga chamou a atención cando interpretou o pouco coñecido Concerto para piano en re menor de Vítězslava Kaprálová. Xa no 2023, ten cosechado un enorme éxito e moi boas críticas no Recital de Piano que, organizado pola Orquestra Sinfónica de Praga - FOK, tivo lugar no mes de febreiro no Rudolfinum.
Marek Kozák pode presumir de actuacións extraordinariamente exitosas en catro importantes festivais da República Checa. Ofreceu recitais como solista no Festival Šmetana de Litomyšl, o Festival Internacional de Piano Firkušny, o Festival de Música de San Wenceslao (SHF) e no Festival Dvořák de Praga. Neste último, interpretou composicións de Dvořák no proxecto “Obras completas para piano só de Antonín Dvořák”.
Marek Kozák xa mostraba un talento extraordinario cando asistía á Escola de Arte Infantil en Brušperk. Pronto demostrou máis habilidades como organista e compositor. Estudou dous instrumentos no Conservatorio Janáček de Ostrava: piano con Monika Tugendliebová e órgano con Martina Zelová. Asistiu a numerosas clases maxistrais dirixidas por virtuosos de fama mundial como Eugen Indjic, Murray Perahia e Garrick Ohlsson.
Traballou con varias das principais orquestras checas e actúa regularmente no estranxeiro. En 2018, lanzou o seu primeiro CD exclusivo coas obras de Haydn, Chopin, Franck, Rachmaninoff e Skoumal.
Ademais da súa actividade concertística, Marek é profesor na Escola Superior de Música de Praga.
PROGRAMA
- J.S. Bach :: Preludio e Fuga nº 9 BWV 854 en Mi maior Preludio e Fuga nº 10 BWV 855 en Mi menor
- J.S. Bach / S. Rachmaninov ::
Suite da Partita para violín BWV 1006 en Mi maior
I. Preludio
II. Gavotte
III. Giga
- F. Mendelssohn - Bartholdy ::
Preludio e Fuga Op. 35 en Mi menor Rondó capriccioso Op. 14 en Mi maior
- F. Mendelssohn - Bartholdy / S. Rachmaninov :: Scherzo do “Sono dunha noite de verán”
- S. Rachmaninov ::
Variacións sobre un Tema de Corelli Op. 42
Preludio Op. 23 nº 4 en Re maior
Preludio Op. 23 nº 3 en Re menor
Etude - Tableaux Op. 39 nº 8 en Re menor
Etude - Tableaux Op. 39 nº 9 en Re maior