Guarneri Trio Praga
Luns 26 de xuño 21:00 horas
Auditorio Municipal
Entrada gratis previa retirada en Ataquilla.com
O Guarneri Trio de Praga, é un dos tríos de piano máis recoñecidos do mundo da música clásica cunha impecable traxectoria. Fundado por Ivan Klanský, Čeněk Pavlík e Marek Jerie, xa a principios da súa carreira atraxeron a atención da prensa internacional coas súas actuacións artisticamente espectaculares. Desde 1986, ano da súa formación, o Guarneri Trio mantén os mesmos intérpretes, testemuño da alta calidade humana dos músicos como persoas e da intensa amizade que os mantén unidos. En 2023 celebrarán 37 anos tocando xuntos.
O conxunto participa regularmente en moitos festivais internacionais de música, como o Festival de Schleswig- Holstein, Primavera de Praga, Folle Journée en Nantes, Bilbao ou Tokio. Actúan tamén en prestixiosas salas de concertos de todo o mundo en cidades como Londres, París, Praga, Madrid, Ginebra ou Hamburgo e realizaron xiras moi exitosas por todo o mundo, Europa, América do Sur, USA, Canadá, Australia, Xapón, Filipinas e China.
O Guarneri Trio Praga gravou os tríos de piano completos de Beethoven, Mendelssohn, Shostakovich, Schubert, Brahms e Mozart para o selo francés Prague Digitals e os tríos de piano de Dvorak para o selo checo Supraphon. Por estas gravacións recibiron numerosos e importantes premios (Diapason d' Or, Le Monde da Musique, Choc).
O conxunto leva o apelido dos fabricantes dos dous instrumentos de corda utilizados polo Trío. Čeněk Pavlík toca o famoso violín “ Zimbalist” de Guarneri do Gesù da preciosa colección de Luigi Tarisio, mentres que Marek Jerie toca un violonchelo realizado por Andrea Guarneri en l684.
Con frecuencia, O Guarneri Trío de Praga imparte clases maxistrais en diferentes lugares do mundo.
Sobre os membros do Trío
Čeněk Pavlík é un dos principais violinistas solistas checos. Gañou primeiros premios en Concursos Internacionais como Praga e Londres. Vive na República Checa e durante o seu tempo libre goza participando en escavacións arqueolóxicas chegando a converterse nun experto en baldosas cerámicas da Idade Media; tamén lle fascinan as locomotoras de vapor e os castelos.
Marek Jerie é un destacado violonchelista e músico de cámara. Catedrático da Academia Superior de Música de Lucerna, é un profesor de gran dedicación; os seus estudantes son tanto músicos de cámara como solistas a nivel de pregrao ou posgrao. Dedicado á súa familia, desfruta moito explorando novos lugares e coñecendo a unha ampla variedade de persoas nas súas viaxes.
Ivan Klánský é un eminente pianista checo, ademais de ser un profesor moi solicitado. É Decano da Facultade de Música da Academia Superior de Artes Escénicas e Musicais de Praga, onde ademais exerce como profesor ensinando a solistas de posgrao e músicos de cámara, labor que tamén realiza na Academia Superior de Música de Lucerna. Foi campión junior de xadrez de Checoslovaquia e é o responsable de organización das viaxes do Guarneri Trío Praga coñecéndose todos os horarios de trens e voos de memoria.
PROGRAMA
- J. Suk :: Elexía Op. 23 para violín, violonchelo e piano
- J. Brahms :: Trío para piano, violín e violonchelo Op. 8 en Si maior
I. Allegro con brio
II. Scherzo. Allegro molto
III. Adagio
IV. Finale. Allegro
- F. Schubert :: Trío para piano, violín e violonchelo Op. 100 en Mi b maior
I. Allegro
II. Andante con moto
III. Scherzando. Allegro moderato
IV. Allegro moderato