1/1

Guarneri Trio Praga

O Guarneri Trio de Praga, é un dos tríos de piano máis recoñecidos do mundo da música clásica cunha impecable traxectoria. Fundado por Ivan  Klanský, Čeněk  PavlíkMarek  Jerie, xa a principios da súa carreira atraxeron a atención da prensa internacional coas súas actuacións artisticamente espectaculares. Desde 1986, ano da súa formación, o Guarneri Trio mantén os mesmos intérpretes, testemuño da alta calidade humana dos músicos como persoas e da intensa amizade que os mantén unidos. En 2022 celebrarán 36 anos tocando xuntos.

 

O conxunto participa regularmente en moitos festivais internacionais de música, como o Festival de Schleswig- Holstein, Primavera de Praga, Folle  Journée en Nantes, Bilbao ou Tokio. Actúan tamén en prestixiosas salas de concertos de todo o mundo en cidades como Londres, París, Praga, Madrid, Ginebra  ou  Hamburgo e realizaron xiras moi exitosas por todo o mundo, Europa, América do Sur, USA, Canadá, Australia, Xapón, Filipinas e China.

 

O Guarneri Trio Praga gravou os tríos de piano completos de Beethoven,  Mendelssohn,  Shostakovich, Schubert, Brahms e Mozart para o selo francés  Prague  Digitals e os tríos de piano de  Dvorak para o selo checo  Supraphon. Por estas gravacións recibiron numerosos e importantes premios (Diapason d' Or, Le Monde da  Musique,  Choc).

 

O conxunto leva o apelido dos fabricantes dos dous instrumentos de corda utilizados polo Trío. Čenek  Pavlík toca o famoso violín “ Zimbalist” de  Guarneri do  Gesù da preciosa colección de Luigi  Tarisio, mentres que  Marek  Jerie toca un violoncelo realizado por Andrea  Guarneri en  l684.

 

O Guarneri Trío de Praga ten como un dos seus piares fundamentais que todos os concertos que se celebren baixo a súa dirección deben ser dunha elevada calidade artística e solvencia interpretativa. Dado a súa longa traxectoria musical son coñecedores de numerosos artistas internacionais que acadan facer dos diferentes e diversos concertos do festival unha experiencia inesquecible.

Sobre os membros do Trío
 

Čeněk Pavlík é un dos principais violinistas solistas checos de hoxe día. Gañou  primeiros premios en Concursos Internacionais como Praga e Londres. Vive na República Checa e durante o seu tempo libre goza participando en escavacións arqueolóxicas chegando a converterse nun experto en baldosas cerámicas da Idade Media; tamén lle fascinan as locomotoras de vapor e os castelos.

Marek Jerie é un destacado  violonchelista e músico de cámara. Catedrático da Academia Superior de Música de  Lucerna, é un profesor de gran dedicación; os seus estudantes son tanto músicos de cámara como solistas tanto a nivel de  pregrado como de posgrao. Dedicado á súa familia, disfruto moito explorando novos lugares e coñecendo a unha ampla variedade de persoas nas súas viaxes.

Ivan Klánský é un eminente pianista checo, ademais de ser un profesor moi solicitado. É Decano da Facultade de Música da Academia Superior de Artes Escénicas e Musicais de Praga, onde ademais exerce como profesor ensinando a solistas de posgrao e músicos de cámara, labor que tamén realiza na Academia Superior de Música de  Lucerna.  Foi campión  junior de xadrez de  Checoslovaquia e é o responsable de organización das viaxes do  Guarneri Trío Praga coñecéndose todos os horarios de trens e voos de memoria.