

Guarneri Trio Praga
Luns 27 de xuño 21:00 horas
Auditorio Municipal
Entrada gratis previa retirada en Ataquilla.com
O Guarneri Trio de Praga, é un dos tríos de piano máis recoñecidos do mundo da música clásica cunha impecable traxectoria. Fundado por Ivan Klanský, Čeněk Pavlík e Marek Jerie, xa a principios da súa carreira atraxeron a atención da prensa internacional coas súas actuacións artisticamente espectaculares. Desde 1986, ano da súa formación, o Guarneri Trio mantén os mesmos intérpretes, testemuño da alta calidade humana dos músicos como persoas e da intensa amizade que os mantén unidos. En 2022 celebrarán 36 anos tocando xuntos.
O conxunto participa regularmente en moitos festivais internacionais de música, como o Festival de Schleswig- Holstein, Primavera de Praga, Folle Journée en Nantes, Bilbao ou Tokio. Actúan tamén en prestixiosas salas de concertos de todo o mundo en cidades como Londres, París, Praga, Madrid, Ginebra ou Hamburgo e realizaron xiras moi exitosas por todo o mundo, Europa, América do Sur, USA, Canadá, Australia, Xapón, Filipinas e China.
O Guarneri Trio Praga gravou os tríos de piano completos de Beethoven, Mendelssohn, Shostakovich, Schubert, Brahms e Mozart para o selo francés Prague Digitals e os tríos de piano de Dvorak para o selo checo Supraphon. Por estas gravacións recibiron numerosos e importantes premios (Diapason d' Or, Le Monde da Musique, Choc).
O conxunto leva o apelido dos fabricantes dos dous instrumentos de corda utilizados polo Trío. Čenek Pavlík toca o famoso violín “ Zimbalist” de Guarneri do Gesù da preciosa colección de Luigi Tarisio, mentres que Marek Jerie toca un violoncelo realizado por Andrea Guarneri en l684.
O Guarneri Trío de Praga ten como un dos seus piares fundamentais que todos os concertos que se celebren baixo a súa dirección deben ser dunha elevada calidade artística e solvencia interpretativa. Dado a súa longa traxectoria musical son coñecedores de numerosos artistas internacionais que acadan facer dos diferentes e diversos concertos do festival unha experiencia inesquecible.
Sobre los miembros del Trío
Čeněk Pavlík é un dos principais violinistas solistas checos de hoxe día. Gañou primeiros premios en Concursos Internacionais como Praga e Londres. Vive na República Checa e durante o seu tempo libre goza participando en escavacións arqueolóxicas chegando a converterse nun experto en baldosas cerámicas da Idade Media; tamén lle fascinan as locomotoras de vapor e os castelos.
Marek Jerie é un destacado violonchelista e músico de cámara. Catedrático da Academia Superior de Música de Lucerna, é un profesor de gran dedicación; os seus estudantes son tanto músicos de cámara como solistas tanto a nivel de pregrado como de posgrao. Dedicado á súa familia, disfruto moito explorando novos lugares e coñecendo a unha ampla variedade de persoas nas súas viaxes.
Ivan Klánský é un eminente pianista checo, ademais de ser un profesor moi solicitado. É Decano da Facultade de Música da Academia Superior de Artes Escénicas e Musicais de Praga, onde ademais exerce como profesor ensinando a solistas de posgrao e músicos de cámara, labor que tamén realiza na Academia Superior de Música de Lucerna. Foi campión junior de xadrez de Checoslovaquia e é o responsable de organización das viaxes do Guarneri Trío Praga coñecéndose todos os horarios de trens e voos de memoria.
PROGRAMA
I
J. Haydn: Trío para piano en Sol Maior Hob: XV:25 “Gipsy"
I. Andante
II. Poco adagio
III. Finale: Rondó all´Ongarese. Presto
L. van Beethoven :: Trío para piano Op. 70 nº 1 en Re Maior, “Ghost”
I. Allegro vivace e con brio
II. Scherzo
III. Presto
II
F. Mendelssohn- Bartholdy :: Trío para piano nº 1 en Re menor Op. 49
I. Molto allegro ed agitato
II. Andante con moto tranquillo
III. Scherzo: Leggiero e vivace
IV. Finale: Allegro assai appasionato